DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 19 de xuño de 2024 Páx. 37687

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 9 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se fai pública a autorización do aproveitamento de recursos da sección A) denominada Cuñas, número 387, no concello da Pobra de Trives.

A Dirección Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria fai público que o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, por delegación de competencias da conselleira de Economía e Industria, asinou o 7 de maio de 2024 a resolución de autorización do aproveitamento de recursos da sección A) denominada Cuñas, número 387, no concello da Pobra de Trives (provincia de Ourense), cos seguintes datos:

Nome: Cuñas.

Número de expediente: 387.

Recurso: Sección A.

Concello: A Pobra de Trives.

Titular: Pedro Basalo Blanco.

Superficie: 63.109 m2.

O que se fai público para coñecemento xeral e en cumprimento do artigo 27.2 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

En cumprimento das obrigas de publicidade recollidas no artigo 29 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, esta resolución poderá examinarse no portal desta consellería:

https://ceei.xunta,gal/transparencia/informacion-publica/autorizacions-administrativas/instalacions-mineiras

Ourense, 9 de maio de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense