DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 19 de xuño de 2024 Páx. 37688

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 7 de xuño de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, de comunicación do traslado de follas de valoración por expediente de expropiación, no concello de Rois (expediente IN407A 2010/268-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 220 kV DC Lousame-Tivo, no concello de Rois (expediente IN407A 2010/268-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase ao dispor das persoas interesadas na sede da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (teléfonos de contacto 981 18 23 78 e 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio no BOE, para solicitar a remisión das correspondentes follas de valoración ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o prazo de dez días indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 7 de xuño de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2010/268-1.

Entidade beneficiaria: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Denominación da instalación: LAT 220 kV DC Lousame-Tivo.

Concello: Rois.

Predio

Lugar

Pol.

Parc.

Titularidade proposta

0-13

Cotóns

143

151

Manuel Pérez Zumalave

118

Cortiniñas

508

405

María Agripina Nimo Vidal

520

Estivada Nova

144

34

Herdeiros de Manuel Díaz Bustelo

533

Estivada Nova

143

442

Herdeiros de Manuel Díaz Bustelo

541

Estivada Vella

143

451

Herdeiros de Concepción Barreiro

543

Agro do Monte

143

374

Herdeiros de Manuel Díaz Bustelo

617

Cacheiro

142

87

Manuel Zumalave Caneda e outros

631-4

Cacheiro

142

257

Josefina Ferreiro González

676

O Agro de Yanes

142

23

Manuel Gosende Romero e outros

684

O Agro de Yanes

142

24

Manuel Gosende Romero e outros

687

Canle Batán

142

22

Manuel Zumalave Caneda e outros