DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 19 de xuño de 2024 Páx. 37557

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

DECRETO 158/2024, do 17 de xuño, polo que se concede a Medalla Castelao.

En atención aos méritos que neles concorren, por proposta do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de xuño de dous mil vinte e catro, concédeselles a Medalla Castelao a:

– Grupo Leilía.

– Borja Golán Santín.

– Amancio López Seijas.

– Maite Isla Avión.

– Asociación de Médicos Galegos (Asomega).

Santiago de Compostela, dezasete de xuño de dous mil vinte e catro

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia,
Xustiza e Deportes