DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 19 de xuño de 2024 Páx. 37678

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 3 de xuño de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se notifica o requirimento de documentación no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia do expediente AC-2024/00226 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada a notificación do requirimento de documentación no último domicilio das persoas interesadas sen poder practicala, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo para que no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio, comparezan no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia para comunicarlles o contido do requirimento de emenda. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

No caso de non facelo, terase por desistidas da súa solicitude, que se arquivará despois do ditado da correspondente resolución.

O expediente relacionado está á disposición das persoas interesadas para que poidan consultalo na Dirección Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008, A Coruña.

A Coruña, 3 de xuño de 2024

María Barreiro Lázare
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

AC-2024/00226

AY239049

AC-2024/00298

223068948

AC-2024/00276

46910191N

Z1192433A