DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 18 de xuño de 2024 Páx. 37541

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle da parcela 2.4 do proxecto de reparcelación SUNP I-33-R Iñás (expediente 2024/PLANEAM/000007-FG 733).

Mediante Resolución da Alcaldía número 2024003139, do 11 de xuño de 2024, acordouse aprobar inicialmente con condicións o estudo de detalle da parcela 2.4 do proxecto de reparcelación SUNP I-33-R Iñás (Documento NRE 2024009952, do 14 de maio).

De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto na páxina web do concello www.oleiros.org, na sección de urbanismo, trámites de información pública, polo prazo dun mes, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 12 de xuño de 2024

Ángel García Seoane
Alcalde presidente