DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 18 de xuño de 2024 Páx. 37540

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle de cubrición de pista exterior do IES Salvador de Madariaga, A Coruña (expediente 631/2022/280).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 15 de maio de 2024, acordou aprobar inicialmente o documento denominado Estudo de detalle de cubrición de pista exterior do IES Salvador de Madariaga. Abril 2024, promovido pola Vicesecretaría Xeral da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e asinado por Juan R. Iglesias Babío e Iván López Veiga, colexiados do COAG números 2.663 e 2.714, respectivamente.

En cumprimento do disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará á disposición no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello, na epígrafe de información urbanística; na web de Urbanismo, na epígrafe exposición pública, e no visor «Desenvolvemento do planeamento». Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1, 3), das 9.00 ás 13.00 horas.

A Coruña, 27 de maio de 2024

A alcaldesa
P.D. (Decreto 4538/2023, do 21 de xuño; BOP núm. 121, do 27 de xuño)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable da Área de Economía e Planificación Urbana