DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 18 de xuño de 2024 Páx. 37371

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican as puntuacións provisionais do proceso selectivo para o ingreso polo sistema de concurso, á condición de persoal estatutario fixo na categoría de persoal enfermeiro especialista na especialidade de saúde mental.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 3 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 132, do 12 de xullo), convocouse o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal fixo na categoría de persoal enfermeiro especialista na especialidade de saúde mental.

Este proceso selectivo realízase en execución da Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en Ciencias da Saúde do Servizo Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia núm. 196, do 14 de outubro), co fin de impulsar a incorporación urxente, estable e permanente de persoal da categoría mencionada aos postos de difícil cobertura.

A base oitava da resolución citada dispón que, realizada polo tribunal a baremación dos méritos achegados polos/as aspirantes, a Dirección Xeneral de Recursos Humanos publicará no Diario Oficial de Galicia o anuncio da súa exposición con indicación da puntuación provisional obtida por cada aspirante nas distintas epígrafes do baremo, a puntuación por ter acreditado o coñecemento da lingua galega, así como a valoración total do concurso.

Logo de realizada polo tribunal a baremación correspondente de conformidade coa base oitava das resolucións de convocatoria, esta dirección xeral, como órgano convocante dos procesos,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), as puntuacións provisionais obtidas polos/as aspirantes presentados/as ao proceso selectivo, na categoría de persoal enfermeiro especialista na especialidade de saúde mental.

Cada aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo, no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Segundo. De conformidade coa base oitava da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 3 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 132, do 12 de xullo), de convocatoria do proceso selectivo, contra os resultados da baremación provisional, os/as aspirantes poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A reclamación deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberá dirixirse á sede do tribunal para efectos de comunicacións, situada na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

A estimación ou desestimación das reclamacións presentadas entenderase implícita na resolución pola que se aproben as puntuacións definitivas, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2024

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos