DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 17 de xuño de 2024 Páx. 36676

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 6 de xuño de 2024 pola que se ordena a publicación do Acordo do 28 de maio de 2024 polo que se modifican as bases e se convoca o V Premio de Investigación Carlos G. Otero Díaz.

BDNS (Identif.): 766129.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pódese consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap-minhap.bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Persoas autoras ou persoas coautoras de traballos de investigación, que teñan o seu domicilio en calquera dos Estados membros da Unión Europea, que poderán ter a condición de persoa física ou grupo de investigación composto por persoas físicas, baixo a coordinación dun/dunha dos/das seus/súas integrantes, que actuará como representante do grupo e responsable do traballo para os efectos oportunos.

Segundo. Obxecto

Distinguir aqueles traballos de investigación cuxo contido garde relación coa prevención da corrupción nas administracións públicas.

Terceiro. Bases reguladoras

Acordo do Pleno do Consello de Contas, do 23 de setembro de 2019, polo que se crea o Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz e se establecen as bases reguladoras para a súa concesión, publicado mediante Resolución do conselleiro maior, do 29 de outubro de 2019 (DOG núm. 215, do 12 de novembro), modificadas mediante Resolución do conselleiro maior, do 23 de maio de 2022, polo que se publica o Acordo do Pleno do 18 de maio de 2022 (DOG núm. 110, do 9 de xuño), por Resolución do conselleiro maior, do 23 de xuño de 2023, polo que se publica o Acordo do Pleno do Consello de Contas do 22 de xuño de 2023 (DOG núm. 129, do 7 de xullo) e por Resolución do 5 de xuño de 2024, pola que se publica o Acordo do Pleno do Consello de Contas do 28 de maio de 2024.

Cuarto. Financiamento

O premio previsto nesta convocatoria farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria 02.01.111C.481.01 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

Quinto. Importe

A dotación económica do V Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz é de 4.500 euros, distribuídos da seguinte forma:

a) Primeiro premio: 3.000 euros.

b) Segundo premio: 1.500 euros.

c) Accésits: no caso de ser declarados desertos o primeiro e segundo premios, poderanse conceder ata tres accésits de 1.000 euros cada un.

Sexto. Prazo de presentación.

O prazo iníciase o día seguinte ao da publicación da convocatoria e remata o 15 de novembro de 2024.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2024

Juan Carlos Aladro Fernández
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia