DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 17 de xuño de 2024 Páx. 36846

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO da convocatoria de dúas prazas de oficial tractorista polo sistema de concurso-oposición en quenda libre.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 231, do 4 de decembro de 2023, publicáronse as bases relativas á seguinte convocatoria:

– 2 prazas de oficial tractorista (subgrupo C2) polo sistema de concurso-oposición en quenda libre, dentro da oferta de emprego público 2022 ordinaria.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Carballo, 27 de maio de 2024

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde