DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 17 de xuño de 2024 Páx. 36845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 5 de xuño de 2024, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 03/24.

Ao ser descoñecido o lugar de notificación e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto obxecto de notificación adoptouse polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 5 de xuño de 2024

Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente

DNI/NIF/NIE

Acto obxecto notificación

DES. 3/24

32787826S

Resolución