DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 17 de xuño de 2024 Páx. 36688

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 5 de xuño de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, polo que se comunica a publicación da convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de persoal licenciado sanitario de Xefatura de Unidade en Atención Primaria.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, modificado pola Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 19, do 29 de xaneiro), e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e no uso das atribucións conferidas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de libre designación, un posto de persoal licenciado sanitario de Xefatura de Unidade en Atención Primaria, relacionado no anexo.

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa orde anual pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse, preferentemente, no Rexistro da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, sito na rúa Loureiro Crespo, nº 2, de Pontevedra, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Área de Dirección e na intranet da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), na epígrafe de Recursos Humanos-Desenvolvemento profesional.

Pontevedra, 5 de xuño de 2024

José Manuel Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Praza

Código

Denominación praza

Servizo/Unidade

SF-A1-251

Xefatura Unidade Atención Primaria

Unidade de tarde

Servizo de Atención Primaria de Vilagarcía de Arousa