DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 17 de xuño de 2024 Páx. 36690

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 5 de xuño de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, polo que se comunica a publicación da convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de Xefatura de Grupo do Servizo de Facturación a Terceiros, adscrito á Dirección de Recursos Económicos.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e no uso das atribucións conferidas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), e na Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencia en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de concurso de méritos, un posto de Xefatura de Grupo do Servizo de Facturación a Terceiros adscrito á Dirección de Recursos Económicos, que se relaciona no anexo.

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa orde anual pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse, preferentemente, no Rexistro da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, sito na rúa Loureiro Crespo, núm. 2, de Pontevedra, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 15 días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Área de Dirección e na intranet da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Pontevedra, 5 de xuño de 2024

José Manuel Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Postos

Denominación do posto

Prazas

Adscrición

Procedemento provisión

Xefatura de Grupo do Servizo de Facturación a Terceiros

1

Dirección de Recursos Económicos da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Concurso de méritos