DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 14 de xuño de 2024 Páx. 36596

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da oferta de emprego público do ano 2024 (expediente 3299/2024).

O alcalde do Concello do Porriño ditou o Decreto número 2024-1689, do 4 de xuño, que a seguir se transcribe:

«Unha vez negociada a oferta de emprego público correspondente ao ano 2024 na reunión da Mesa de Negociación conxunta do Persoal Laboral e do Persoal Funcionario, o día 4 de xuño de 2024, de conformidade co informe do secretario e co disposto no artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, e en virtude das atribucións establecidas no artigo 21.1.g) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, esta Alcaldía

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público correspondente ao exercicio 2024 que comprenderá as prazas vacantes seguintes:

1. Prazas de funcionarios de carreira (quenda libre):

Escala de Administración xeral.

Grupo

Subgrupo

Escala/subescala

Nº vacantes

Denominación

A

A1

Administración xeral/técnica

1

Técnico de Administración xeral

C

C2

Administración xeral/auxiliar

5

Auxiliar

AP

-

Administración xeral/subalterna

1

Subalterno

Escala de Administración especial.

Grupo

Subgrupo

Escala/subescala

Clase

Nº vacantes

Denominación

A

A2

Administración especial/técnica

Técnicos medios

1

Enxeñeiro técnico de obras públicas

A

A2

Administración especial/técnica

Técnicos medios

1

Traballador social

C

C1

Administración especial/técnica

Técnicos auxiliares

1

Técnico de informática

C

C1

Administración especial/de servizos especiais

Policía

3

Policías

C

C2

Administración especial/de servizos especiais

Cometidos especiais

1

Oficial 1ª condutor maquinaria

C

C2

Administración especial/de servizos especiais

Persoal de oficios

2

Oficial 1ª albanel

AP

-

Administración especial/de servizos especiais

Persoal de oficios

7

Operarios de obras e servizos

2. Prazas persoal laboral fixo (quenda libre):

Grupo

Nº vacantes

Denominación

V

6

Operarios de obras e servizos

V

1

Subalterno-notificador

3. Prazas funcionarios de carreira por promoción interna:

Escala de Administración xeral.

Grupo

Subgrupo

Escala/subescala

Nº vacantes

Denominación

C

C1

Administración xeral/administrativa

1

Administrativo

Segundo. Publicar a anterior oferta de emprego público de 2024 no Diario Oficial de Galicia (DOG)».

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer o recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía do Concello do Porriño no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, ao abeiro do establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta publicación, consonte o disposto nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xuño, da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de interporse o recurso potestativo de reposición, deberase resolver e notificar no prazo dun mes segundo establece o artigo 124.2 da devandita Lei 39/2015, e entenderase rexeitado o recurso de reposición polo transcurso do dito prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, podendo entón os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de seis meses contados desde o día seguinte a aquel en que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, consonte o establecido no artigo 46.1 e 4 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados consideren procedentes conforme dereito.

O Porriño, 5 de xuño de 2024

Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Alcalde