DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 14 de xuño de 2024 Páx. 36595

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de información pública sobre a negociación e subscrición do convenio urbanístico para o alleamento do aproveitamento derivado da cesión realizada ao abeiro do artigo 29.d) da Lei do solo de Galicia no SUD-19 Os Regos.

Logo da negociación do convenio urbanístico entre o Concello de Oleiros e os promotores para o alleamento do aproveitamento derivado da cesión realizada ao abeiro do artigo 29.d) da LSG no SUD-19 Os Regos, e en cumprimento do disposto no artigo 401.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese o expediente á información pública polo prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o convenio urbanístico e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas na seguinte ligazón:

https://www.oleiros.org/concelleria-de-interior-y-seguridad-ciudadana-econom%C3%ADa-y-hacienda-urbanismo/urbanismo/tramites-de-informacion-publica

Oleiros, 7 de xuño de 2024

Ángel García Seoane
Alcalde