DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 14 de xuño de 2024 Páx. 36291

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 31 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Ampliación de potencia CTI Portela e substitución de apoio, no concello das Neves.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio convóncase a todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Ampliación de potencia CTI Portela e substitución de apoio, no concello das Neves, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados ou representadas por persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/ NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 31 de maio de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/168-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: ampliación de potencia CTI Portela e substitución de apoio.

Concello: As Neves.

Predio

Refª catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

36034A123001610000WW

Veiga da Fonte

Descoñecido

10 de setembro de 2024

12

2

36034A123001470000WX

Veiga da Fonte

Descoñecido

10 de setembro de 2024

12