DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 13 de xuño de 2024 Páx. 35943

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

ANUNCIO do 5 de xuño de 2024, da Comisión de Selección, polo que se publica a Resolución do 3 de xuño de 2024 pola que se fai pública a lista definitiva de admitidos/as, en relación co proceso de elaboración das listas conxuntas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Xesgalicia, Sociedade Xestora de Entidades de Inversión Tipo Cerrado, S.A. para a contratación temporal de persoal técnico superior (Diario Oficial de Galicia número 206, do 30 de outubro de 2023).

Mediante a Resolución do 3 de xuño de 2024, a Comisión de Selección acordou de conformidade co disposto na base décimo primeira da convocatoria, facer pública a lista definitiva de admitidos/as, en relación co proceso de elaboración das listas conxuntas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Xesgalicia, Sociedade Xestora de Entidades de Inversión Tipo Cerrado, S.A. para a contratación temporal de persoal técnico superior.

A lista pode consultarse no portal web corporativo do Igape e de Xesgalicia, nos seguintes enderezos:

https://www.igape.gal/gl/mais-igape/transparencia-e-goberno-aberto

https://www.xesgalicia.org/gl/ofertas-y-convocatorias-abiertas

Contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral do Igape nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2024

Alberto Vivero Fernández
Presidente da Comisión de Selección