DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 13 de xuño de 2024 Páx. 36009

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Teixeira

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle na rúa Ana Blanca.

Logo de aprobar definitivamente mediante o Acordo do Pleno do 30 de maio de 2024 o seguinte estudo de detalle, publícase este para o seu xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e do 199 do seu regulamento:

Tipo de instrumento: estudo de detalle.

Ámbito: rúa Ana Blanca-A Teixeira.

Instrumento que desenvolve: PXOM-A Teixeira.

Obxecto: reaxuste de aliñacións.

Clasificación do solo: solo urbano.

Contra este acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que considere máis conveniente ao seu dereito.

A Teixeira, 4 de xuño de 2024

Xosé Vázquez Rodríguez
Alcalde