DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 13 de xuño de 2024 Páx. 36010

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de provisión de catro postos de cociñeiro/a con destino no Centro Príncipe Felipe.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 110, do 6 de xuño de 2024, publicáronse as bases da convocatoria de catro postos de traballo de cociñeiro/a con destino no Centro Príncipe Felipe.

O prazo de presentación de solicitudes, e demais documentación, será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e na sede electrónica.

Pontevedra, 6 de xuño de 2024

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (R.P. nº 2024002173, do 15.3.2024)
Jesús Vázquez Almuíña
Deputado delegado de Asistencia aos Concellos,
Transparencia e Administración Xeral