DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 13 de xuño de 2024 Páx. 35948

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2024 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a de grao medio de investigación (protección radiolóxica), en virtude de probas selectivas convocadas mediante a Resolución do 3 de maio de 2023.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas mediante a Resolución do 3 de maio de 2023 (Diario Oficial de Galicia do 16 de maio) para cubrir con persoal laboral fixo unha praza da categoría profesional de técnico/a grado medio de investigación (protección radiolóxica), grupo II, pola quenda de promoción interna, unha vez comprobado que a persoa seleccionada reúne os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a grado medio de investigación (protección radiolóxica) a persoa que superou o proceso selectivo e que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. A persoa seleccionada formalizará o seu contrato ante o Servizo de Xestión de Persoal, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a sinatura do contrato comezará a partir do día seguinte hábil ao da data da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán asinar o contrato durante esta situación.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

***6631**

Riveiro López, María del Pilar