DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 13 de xuño de 2024 Páx. 35977

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 31 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, de comunicación do traslado de follas de valoración por expediente de expropiación, no concello de Brión (expediente IN407A 2010/268-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 220 kV DC Lousame-Tivo, no concello de Brión (expediente IN407A 2010/268-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase a dispor das persoas interesadas na sede da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (teléfonos de contacto 981 18 23 78 e 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para solicitar a remisión das correspondentes follas de valoración ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o prazo de dez días indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 31 de maio de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2010/268-1.

Entidade beneficiaria: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Denominación da instalación: LAT 220 kV Lousame-Tivo.

Concello: Brión.

Predio

Lugar

Pol.

Parc.

Titularidade proposta

42

Monte de Coruxido

58

1369

José Gosende Carballal

70

Revolta

58

1646

Claudina Fernández Sanmartín

348-4

Estivada de Beca

60

4

Herdeiros de José Ramón Penide Fraga