DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 13 de xuño de 2024 Páx. 35979

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 31 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto dos predios afectados por un proxecto de instalación eléctrica situada no concello de Xunqueira de Ambía (expediente IN407A 2022/92-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...» mediante este anuncio convócanse as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto fixado polo Xurado de Expropiación de Galicia, relativo aos predios afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación ALL807 de apoio BGPN8DXV-55, na Casa do Concello de Xunqueira de Ambía, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo.

As persoas titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer no dito acto por si mesmos ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade. Tamén deberán achegar unha certificación de titularidade da conta bancaria onde, tras a súa solicitude, se lles ingresará, mediante transferencia, o importe do prezo xusto máis os xuros correspondentes.

Ourense, 31 de maio de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos,
con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/92-3.

Instalación: regulamentación ALL807 de apoio BGPN8DXV-55.

Concello: Xunqueira de Ambía.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Lugar da convocatoria

Data

Hora

1

A Cruz

32037A007000360000FE

Descoñecido

Casa do Concello de Xunqueira de Ambía

17.9.2024

11.30

2

Bidudeira

32037A007000220000FL

Descoñecido

Casa do Concello de Xunqueira de Ambía

17.9.2024

11.30