DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 13 de xuño de 2024 Páx. 35820

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 5 de xuño de 2024 pola que se conceden axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2024.

Por Orde do 21 de febreiro de 2024 (DOG do 4 de marzo), a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convocou axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2024.

Reunida a comisión prevista no artigo 14 da citada orde, de acordo coa proposta formulada por ela e de conformidade co artigo 13 da orde de referencia,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlles as axudas, nas contías que se sinalan, ás confederacións, federacións de nais e pais do alumnado e ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial relacionadas no anexo I.

Segundo. Excluír as ANPAs que figuran no anexo II.

Terceiro. Para facer efectivo o pagamento das axudas, os beneficiarios presentarán electronicamente, de acordo co establecido no artigo 17 da orde de convocatoria, dirixida á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Subdirección Xeral de Centros, Servizo de Apoio Económico e Axudas ao Estudo, ata o día 31 de outubro de 2024, a seguinte documentación:

a) A xustificación dos gastos realizados, mediante orixinais ou copias compulsadas de facturas e/ou nóminas e acreditación documental de que se efectuou o seu aboamento. Non se admiten recibos como xustificación dos gastos.

b) Unha declaración actualizada do anexo II publicado na Orde do 21 de febreiro de 2024 (DOG do 4 de marzo), pola que se convocan as axudas para o ano 2024.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 10.1.a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Así mesmo, esta orde poderase recorrer potestativamente en reposición no prazo dun mes, ante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Disposición adicional segunda do Decreto 49/2024, do 22 de abril)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación,
Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ANEXO I

CIF

Confederación/federación/ANPA EE

Beneficiario

Concello

Importe (€)

G15115165

Confapa (Confederación Galega de ANPAs de Centros Públicos)

Confederación

A Coruña

8.116,00

G70416557

Confederación de ANPAs galegas

Confederación

Santiago de Compostela

9.675,00

G15098114

Congapa

Confederación

Ourense

4.463,00

G15042617

Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos-Fapa A Coruña

Federación Provincial

A Coruña

4.930,00

G70366588

Federación de Centros Públicos A Costa da Morte

Federación Provincial

Carballo

2.470,00

G70222195

Federación de Centros Públicos Compostela

Federación Provincial

Santiago de Compostela

2.710,00

G27019140

Fapacel (Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos

Federación Provincial

Lugo

3.350,00

G27043389

FAPA Lugo

Federación Provincial

Lugo

1.650,00

G32009037

Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos As Burgas

Federación Provincial

Ourense

3.270,00

G32025538

Federación de ANPAs de Centros Privados e Concertados

Federación Provincial

Ourense

1.650,00

G94202843

FEAPA de Pontevedra

Federación Provincial

Vilagarcía de Arousa

1.690,00

G36020311

Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos-Fanpa

Federación Provincial

Pontevedra

4.970,00

V36822682

Federación de ANPAs do Val Miñor

Federación Comarcal

Gondomar

1.538,50

G36743946

Foanpas Federación ANPAs Olívica

Federación Comarcal

Vigo

2.678,50

G72449150

Fafade Federación de Asociacións de Familias do Alumnado do Deza

Federación Comarcal

Lalín

1.258,50

G36581841

Fesanpas Federación Estradense de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos

Federación Comarcal

A Estrada

1.378,50

G15747678

ANPA do CEE Amicos

ANPA EE

Ribeira

1.050,00

G15874290

ANPA do Colexio Duques de Lugo

ANPA EE

Santiago de Compostela

1.050,00

G27159425

ANPA do CEE Santa María

ANPA EE

Lugo

1.050,00

G27220839

ANPA do CEE Infanta Elena

ANPA EE

Monforte de Lemos

1.050,00

G32202798

ANPA do CEE O Pino

ANPA EE

Ourense

1.050,00

V36130169

ANPA do CEE Joaquina Sobrino

ANPA EE

A Guarda

1.050,00

G36753895

ANPA La Ilusión do Val Miñor

ANPA EE

Nigrán

1.050,00

G36180768

ANPA do CEE Juan XIII

ANPA EE

Pontevedra

1.050,00

G36630614

ANPA do CEE A Menela

ANPA EE

Vigo

1.050,00

G36024941

ANPA do CEE Os Mecos

ANPA EE

Vilagarcía de Arousa

1.050,00

ANEXO II

Nome da ANPA

Concello

Causa de exclusión

ANPA do CPR Plurilingüe Calasancias

A Coruña

Non ser ANPA de educación especial

ANPA do CEIP As Mercedes

Lugo

Non ser ANPA de educación especial

ANPA de San Rafael

Vigo

Fóra de prazo