DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 13 de xuño de 2024 Páx. 35959

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 30 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo no expediente PR204A 2023/4862-2 e vinte e seis máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte das persoas destinatarias ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.

O prazo de que dispón as persoas solicitantes do dereito para achegar a documentación requirida é de 10 días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a Comisión ditará resolución que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar as persoas solicitantes, como é a súa obriga, que reúnen os requisitos previstos na lei.

Lugo, 30 de maio de 2024

Gerardo Criado Guizán
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/pasaporte

PR204A 2023/4862-2

02293473M

PR204A 2023/5364-2

38430868F

PR204A 2024/19-2

47407442A

PR204A 2024/76-2

33555240B

PR204A 2024/83-2

33549249T

PR204A 2024/89-2

48460050Q

PR204A 2024/150-2

73619747J

PR204A 2024/294-2

76735764J

PR204A 2024/295-2

TN6868063

PR204A 2024/316-2

77325391N

PR204A 2024/356-2

34287079J

PR204A 2024/583-2

34352987A

PR204A 2024/600-2

X8841120N

PR204A 2024/682-2

X1635812Y

PR204A 2024/786-2

34297837F

PR204A 2024/807-2

33536419G

PR204A 2024/827-2

33561168M

PR204A 2024/829-2

40971802Q

PR204A 2024/836-2

76581280C

PR204A 2024/862-2

Y6179102M

PR204A 2024/863-2

Y1061274E

PR204A 2024/886-2

33544264Y

PR204A 2024/935-2

33555240B

PR204A 2024/940-2

Y6478099W

PR204A 2024/1084-2

33553736W

PR204A 2024/1131-2

06258362Q

PR204A 2024/1144-2

34306443B