DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 13 de xuño de 2024 Páx. 35961

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 30 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo no expediente PR204A 2023/1269-2 e dezaseis máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte das persoas destinatarias ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.

O prazo de que dispón as persoas solicitantes do dereito para achegaren a documentación requirida é de 10 días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a Comisión ditará resolución, que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar as persoas solicitantes, como é a súa obriga, que reúnen os requisitos previstos na lei.

Lugo, 30 de maio de 2024

Gerardo Criado Guizán
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/pasaporte

PR 204A 2023/1269-2

16042770V

PR 204A 2024/1162-2

34278622C

PR 204A 2024/1168-2

39511690J

PR 204A 2024/1208-2

33549052X

PR 204A 2024/1343-2

76737343M

PR 204A 2024/1440-2

Y9230414E

PR 204A 2024/1622-2

Z0507763C

PR 204A 2024/1811-2

32671729E

PR 204A 2024/1852-2

Y1634341K

PR 204A 2024/1933-2

33544672T

PR 204A 2024/1943-2

S700201

PR 204A 2024/1985-2

77597487H

PR 204A 2024/1995-2

76705780K

PR 204A 2024/2006-2

44848073M

PR 204A 2024/2260-2

01189177P

PR 204A 2024/2293-2

21050238V

PR 204A 2024/2411-2

Y0559504C