DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 12 de xuño de 2024 Páx. 35799

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Feiras e Exposicións de Ourense

ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para cubrir unha praza de persoal temporal.

Prazas: (1) técnicos/as de vendas.

Persoal comercial para as feiras que celebrará a Fundación Pública Galega de Feiras e Exposicións de Ourense de acordo ao seu calendario de feiras e eventos.

O prazo de presentación de solicitudes para este posto será de cinco (5) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Modalidade contractual: contratos temporais de duración determinada, a xornada completa, para labores comerciais.

As bases do proceso selectivo para esta praza están expostas na sede da Fundación Expourense (Finca Sevilla, s/n, 32005 Ourense) e na páxina web (https://www.expourense.org).

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas na páxina web de Expourense e no taboleiro de anuncios da entidade.

Ourense, 12 de xuño de 2024

Rogelio Martínez González
Director xerente da Fundación Pública Galega de Feiras e Exposicións de Ourense