DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 12 de xuño de 2024 Páx. 35718

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Oza-Cesuras (expediente IN407A 2023/247-1).

Expediente: IN407A 2023/247-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: regulamentación LMTA BEG706. Substitución de apoio APQC1F55//80-2.

Concello: Oza-Cesuras.

Feitos:

1. O día 8.5.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de realizar obras de regulamentación na liña de distribución de media tensión LMT BEG706 Cesuras-COG.P Hernández 6 (expediente 30.844), procedente da subestación Bergondo, no tramo aéreo localizado no lugar de Quintela, parroquia de Cis (San Nicolao), concello de Oza-Cesuras, proxéctase a substitución dun apoio de formigón existente por outro de tipo metálico.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, achegan o proxecto de execución denominado regulamentación LMTA BEG706. Substitución de apoio APQC1F55//80-2, asinado o día 29.3.2023 por Miguel Caramés Vila, graduado en Enxeñaría Eléctrica, núm. colexiado 4.769 de Vigo (COITIVigo), e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• Diario de Oficial de Galicia (DOG): 11.9.2023.

• Boletín Oficial da provincia da Coruña (BOP): 25.8.2023.

• Xornal La Voz de Galicia: 8.9.2023.

• Taboleiro de anuncios do Concello: segundo certificado municipal do 24.10.2023.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Oza-Cesuras, Augas de Galicia, Deputación Provincial da Coruña e Telefónica. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes presentados no prazo outorgado para ese efecto.

5. O día 14.5.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio) consonte coa disposición adicional décimo segunda e a disposición transitoria primeira do Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 81, do 24 de abril).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no lugar de Quintela, parroquia de Cis (San Nicolao), concello de Oza-Cesuras, e as súas características técnicas son as seguintes:

Substitución do apoio núm. APQC1F55//80-2 existente de formigón por tipo C-1000/16 da LMT BEG706 Cesiras-COG.P Hernández 6 (expediente 30.844), procedente da subestación Bergondo, tramo BEG7064798. Retensado dos vans adxacentes.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta dirección territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta dirección territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 21 de maio de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Termo municipal: Oza-Cesuras.

Expediente: IN407A 2023/247-1. Regulamentación LMTA BEG-706: substitución de apoio APQC1F55//80-2.

Núm. de parcela

Lugar

Referencia catastral

Cultivo

Propietario/a

Afección de solo en pleno dominio

Apoio

m2

1

Novelo

15054B505002370000YD

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño

Descoñecido

Novo apoio núm. 80-2

2