DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 12 de xuño de 2024 Páx. 35601

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Mar

ORDE do 6 de xuño de 2024 pola que se dispón o cesamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

O cesamento, por petición propia, de Ignacio Bueno Castel como vogal representante da Comunidade Autónoma de Galicia no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2024

Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar