DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 11 de xuño de 2024 Páx. 35495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 23 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente 2008/212/32 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, notifícaselle á persoa interesada referida no anexo, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado (BOE), as resolucións administrativas emitidas nos expedientes referidos no dito anexo e instruídos de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, cuxos intentos de notificación foron infrutuosos por ignorarse o lugar de notificación.

Para o coñecemento íntegro dos actos administrativos, emprázase a referida persoa interesada, por si ou a través dos seus representantes legais, para que, no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, compareza nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Dirección Territorial en Ourense da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Sáez Díez, nº 39 baixo, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, (DOG) ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírteselle que contra as resolucións caberá formular oposición, ante o Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación da resolución, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Ourense, 23 de maio de 2024

María José Fernández Laso
Directora territorial de Ourense

ANEXO:

Nº expedientes: 2008/212/32 e 2023/43/32.

Persoa interesada: X2776344Z.

Acto que se notifica: resolucións administrativas do 2 de abril de 2024 e do 11 de abril de 2024.

Efectos xurídicos: mantemento das medidas administrativas.