DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 10 de xuño de 2024 Páx. 35163

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 27 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se comunican a data do depósito previo á ocupación e o requirimento das follas de valoración nun expediente de expropiación forzosa no concello de Toén (expediente IN407A 2023/90-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio infórmase as persoas titulares que figuran no anexo da data do depósito previo á ocupación que realiza a empresa beneficiaria en relación coa expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA, CTI e RBTA Quellepán, situada no concello de Toén.

Así mesmo, e de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, son requiridos para que presenten ante a Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, no prazo de vinte días (20) hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación no BOE, a súa folla de valoración, na que concretarán de xeito motivado o valor en que estiman a servidume imposta e alegar o que coiden conveniente ao seu dereito. A dita valoración poderá estar avalada pola sinatura dun perito.

Ourense, 27 de maio de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2023/90-3.

Instalación LMTA, CTI e RBTA Quellepán.

Concello: Toén.

Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data do depósito previo

5

Baxoca

32082A049000110000LY

Luis Pereira Álvarez

Notificación infrutuosa

23.4.2024

9

Toxeira

32082A044001190000LU

Herdeiros de Manuel Álvarez Penelas

Enderezo descoñecido

23.4.2024

13

Toxeira

32082A044001120000LD

Manuel Rodríguez Rodríguez

Enderezo descoñecido

23.4.2024

17

Cerreiriñas

32082A044001690000LM

Alba Romero Borrajo

Enderezo descoñecido

23.4.2024

18

Cerreiriñas

32082A044001680000LF

Noelia Rodríguez Varela

Enderezo descoñecido

23.4.2024

20

Cerreiriñas

32082A044001670000LT

Alba Romero Borrajo

Enderezo descoñecido

23.4.2024