DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 10 de xuño de 2024 Páx. 35108

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 27 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación dunha explotación de tenreiros de ceba, na parroquia de Vilar de Barrio, no concello de Vilar de Barrio (Ourense) (expediente 2022/0086).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 22 de maio de 2024 do proxecto de ampliación dunha explotación de tenreiros de ceba, na parroquia de Vilar de Barrio, no concello de Vilar de Barrio (Ourense) promovido por Xatos Os Pontos, S.C.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2024

Ramón Martínez Boga
Director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade