DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 10 de xuño de 2024 Páx. 35109

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 27 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de urbanización da modificación número 1 do proxecto sectorial do parque empresarial de Cee, no concello de Cee (A Coruña) (expediente 2023/0119).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 23 de maio de 2024 do proxecto de urbanización da modificación número 1 do proxecto sectorial do parque empresarial de Cee, no concello de Cee (A Coruña) promovido por Suelo Empresarial del Atlántico, S.L., SME.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2024

Ramón Martínez Boga
Director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade