DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 10 de xuño de 2024 Páx. 35182

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 9 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude do permiso de investigación denominado Novo Cima número 5292, para recursos da sección C), sito nos concellos de Verín e Vilardevós (Ourense).

Para os efectos previstos no artigo 23.4 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e no artigo 70.2 do Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25 de agosto de 1978, sométese á información pública a petición do permiso de investigación que se cita:

Nome: Novo Cima.

Número de expediente: 5292.

Recursos: sección C (litio).

Concellos: Verín e Vilardevós (Ourense).

Solicitante: Omega Real Estate, S.L., co NIF B88204482.

Superficie: 15 cuadrículas mineiras.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán consultar o proxecto nas dependencias desta xefatura territorial (rúa Curros Enríquez 1-3ª, 32003 Ourense) ou ben no Portal de transparencia da consellería https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras, e poderán presentar alegacións no prazo de 30 días a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, por calquera dos medios que establece o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 9 de abril de 2024

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense