Para os efectos previstos no artigo 23.4 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e no artigo 70.2 do Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25 de agosto de 1978, sométese a información pública a petición do permiso de investigación que se cita.
Nome: Novo Arboim.
Número de expediente: 5290.
Recursos: sección C (litio).
Concello: Oímbra (Ourense).
Solicitante: Omega Real Estate, S.L. co NIF B88204482.
Superficie: 27 cuadrículas mineiras.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán consultar o proxecto nas dependencias desta xefatura territorial (rúa Curros Enríquez, 1, 3º andar, 32003 Ourense) ou ben no Portal de transparencia da Consellería https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras e poderán presentar alegacións, no prazo de 30 días a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, por calquera dos medios que establece o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Ourense, 9 de abril de 2024
Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense