DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 10 de xuño de 2024 Páx. 34893

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

ORDE do 28 de maio de 2024 pola que se renova a composición do Consello de Bioética de Galicia.

A Orde do 16 de outubro de 2015 pola que se regulan as funcións, a composición e o funcionamento do Consello de Bioética de Galicia, indica no seu artigo 3, relativo á súa composición, que este consello estará integrado por un máximo de vinte membros, que deberán dispor de titulación en Ciencias da Saúde, Humanidades ou Ciencias Xurídicas e Sociais. Polo menos a metade deles deberá ter formación en bioética.

As persoas membros do Consello de Bioética de Galicia serán nomeadas e cesadas pola persoa titular da consellería con competencias en materia de sanidade, por un período de tres anos prorrogables por outro período de igual duración. Tanto o nomeamento como o cesamento serán publicados no Diario Oficial de Galicia.

Pola súa banda, o artigo 8 establece que unha das causas de cesamento dos membros do Consello é a renuncia expresa presentada por escrito ante a persoa titular da Presidencia do Consello.

A actual composición do Consello é a reflectida no anexo da Orde do 2 de decembro de 2022 pola que se renovou a composición do Consello de Bioética de Galicia.

O Consello de Bioética de Galicia comunicoulle á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, á cal aquel está adscrito organicamente, a vontade de renovar a súa composición, e para tal efecto efectuou a correspondente proposta, que incluía o cesamento de Miguel Vieito Villar, por causa de renuncia, así como o nomeamento como novos membros de:

– José Luis Tasset Carmona, catedrático da Universidade da Coruña da Área de Filosofía Moral.

– Miguel Ángel Martínez Quintanar, licenciado en Filosofía. Profesor no ensino secundario.

– Consuelo Benito Torres, licenciada en Medicina e Cirurxía na Universidade de Santiago de Compostela (USC), especialista en Xeriatría e experta en Bioética Sanitaria pola Universidade Complutense de Madrid (2000).

– Luisa Fernanda Peleteiro Pensado, licenciada en Medicina e Cirurxía na USC, especialista en Psiquiatría e especialista universitaria en Bioética Aplicada no ámbito clínico e asistencial, a cal viña exercendo as funcións da Secretaría do Consello.

– Sergio Domingo Baamonde Boquete, licenciado en Dereito (que exercerá, ademais, as funcións da Secretaría).

No que atinxe ao resto dos membros, a composición do Consello queda intacta.

En consecuencia, de conformidade co disposto no artigo 3 da Orde do 16 de outubro de 2015.

DISPOÑO:

Artigo 1. Cesamento

O cesamento coma membro do Consello de Bioética de Galicia, por causa de renuncia, de Miguel Vieito Villar.

Artigo 2. Nomeamentos

Os nomeamentos como membros do Consello de Bioética de Galicia de José Luis Tasset Carmona, Miguel Ángel Martínez Quintanar, Consuelo Benito Torres, Luisa Fernanda Peleteiro Pensado e Sergio Domingo Baamonde Boquete, que exercerá as funcións da Secretaría.

Artigo 3. Composición

A composición do Consello de Bioética de Galicia é a que se indica no anexo desta orde.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2024

Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Composición do Consello de Bioética de Galicia

1. Ana Concheiro Guisán

2. Rosendo Bugarín González

3. Ana Guillén Vilanova

4. Xurxo Hervada Vidal

5. Victoria Lojo Vicente

6. Silvia Sánchez Radio

7. Juan Carlos Vázquez Barro

8. Yolanda Triñanes Pego

9. Inés del Río Pastoriza

10. Andrea Gallego Valdeiglesias

11. María Carolina Pereira Sáez

12. Begoña Graña Suárez

13. Irene Martínez Montero

14. María José de la Torre Fernández

15. Nuria Varela Feal

16. José Luis Tasset Carmona

17. Miguel Ángel Martínez Quintanar

18. Consuelo Benito Torres

19. Luisa Fernanda Peleteiro Pensado

20. Sergio Domingo Baamonde Boquete (que exercerá, ademais, as funcións da Secretaría)