DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 7 de xuño de 2024 Páx. 34624

III. Outras disposicións

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre de 2024

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), procédese a publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade aos convenios subscritos pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas no primeiro cuadrimestre do ano 2024, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2024

Yago Borrajo Sánchez
Secretario xeral técnico

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Vivenda e
Planificación de Infraestruturas no primeiro cuadrimestre de 2024

Descrición

Data de Sinatura

Importe

Addenda número 6 e prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Oza-Cesuras para o financiamento da redacción do plan xeral de ordenación municipal.

14.2.2024

0