DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 7 de xuño de 2024 Páx. 34806

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 23 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, polo que se lles notifica a varias persoas interesadas a Resolución do 21 de febreiro de 2024 relativa ao parque eólico A Ruña II, sito nos concellos de Mazaricos e Dumbría (A Coruña) e promovido por Eurus Desarrollos Renovables, S.L. (expediente IN661A-2010/010-1).

Mediante a Resolución do 21 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, fíxose público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 15 de febreiro de 2024, polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico A Ruña II, sito nos concellos de Mazaricos e Dumbría (A Coruña) e promovido por Eurus Desarrollos Renovables, S.L. (IN661A-2010/010-1).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo para seren notificadas por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma, despois dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, sita en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2024

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Minas

ANEXO

Relación de persoas interesadas descoñecidas, de domicilio ignorado ou non notificadas, coa identificación das parcelas afectadas

Acto que se notifica: declaración de utilidade pública.

Expediente: parque eólico A Ruña II (IN661A-2010/010-1).

Solicitante: Eurus Desarrollos Renovables, S.L.

Persoa interesada

Datos catastrais da parcela

Concello

Polígono

Parcela

Antonio Caamaño Alvela

Mazaricos

32

12

Descoñecida

Mazaricos

404*

206*

Herminia Abuelo Carreira

Mazaricos

4*

370*

Josefina Lado Rodríguez

Mazaricos

32

12

María del Carmen Trillo Baña

Mazaricos

4*

378*

Ramón Lado González

Mazaricos

31

63

Mazaricos

32

12

Mazaricos

33

41

Veciños de Campelo

Mazaricos

31

63

Veciños de Vilarcobo

Pte.: Humberto Sánchez Lago

Mazaricos

54

12

* Parcela desafectada