DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 6 de xuño de 2024 Páx. 34559

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 28 de maio de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de modificación de concesión de augas no concello de Mazaricos (expediente DH.A15.82980).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Ganadería Gaiolo, S.C.

DNI: J***0912*.

Expediente: DH.A15.82980.

Volume total anual: 3.894,55 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,25 l/s.

Destino: uso gandeiro.

Orixe: rego «Presa do Muíño».

Lugar: O Niñán.

Parroquia: Os Vaos.

Concello: Mazaricos.

Descrición do aproveitamento:

Solicítase a modificación da concesión outorgada coa clave DH.A15.82980, cambiando o punto de captación ata as coordenadas aproximadas X=502.776 e Y=4.758.179 (ETRS89 H29), para captar auga do río Presa do Muíño mediante tubo de 50 mm e arqueta de 1 ˣ 1 ˣ 0,8 m colocada a uns 5 m, e condución ata un depósito de 10.000 litros.

O proxecto pode consultarse na sección «Participación pública» do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo (15704) de Santiago de Compostela (A Coruña); para facilitar esta consulta, poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro