DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 6 de xuño de 2024 Páx. 34557

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 13 de maio de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Vilaboa (expediente DH.A36.101315).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: José Calvar Novás en representación da Comunidade de Usuarios de Carballeira.

Expediente: DH.A36.101315.

Volume total anual: 2.119,43 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,66 l/s.

Destino: abastecemento e rega.

Orixe: tres (3) mananciais: M1 a M3.

M1 na parcela 467, polígono 29, do catastro de Vilaboa.

M2 e M3 na parcela 468, polígono 29, do catastro de Vilaboa.

Lugar: Bergunde.

Parroquia: Figueirido.

Concello: Vilaboa.

Descrición:

A auga das tres captacións reúnese para conducila a depósito na parcela 275, polígono 29, do que parte unha rede de distribución ás vivendas e parcelas que abastece a Comunidade no lugar de Bergunde.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 13 de maio de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur