DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 6 de xuño de 2024 Páx. 34570

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 14 de maio de 2024 de notificación do procedemento de orde de execución relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración.

Ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Acto que se notifica

Ref. catastral

Polígono/parcela

Localización

Interesado

Persoa responsable

Orde de execución

(Expediente 779-2024)

Resolución inicio O.E. do 30.4.2024

36043A012014470000JA (polígono 12-parcela 1447)

Caldelas

Ponte Caldelas

Segundo Álvarez Boullosa

Orde de execución

(Expediente 782-2024)

Resolución inicio O.E. do 9.5.2024

36043A008001610000JT (polígono 8-parcela 161)

Forzans

Ponte Caldelas

En investigación

En virtude do que antecede, comunícaselle que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Publícase o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación á persoa interesada, para cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente se atopa á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non se puidese determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación, efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no dos datos catastrais da parcela.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita a este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa e para repercutir os custos ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Ponte Caldelas, 14 de maio de 2024

Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente