DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 6 de xuño de 2024 Páx. 34569

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ortigueira

ANUNCIO da convocatoria para cubrir unha praza de técnico/a superior de Arquitectura.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 78, do 22 de abril de 2024, foron publicadas integramente as bases correspondentes á praza de técnico superior en arquitectura pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica (A1), mediante o sistema de oposición libre. Así mesmo, publicouse unha rectificación do anexo I no BOP da Coruña número 94, do 15 de maio de 2024.

– Prazo de presentación de solicitudes: 20 días hábiles a partir do seguinte ao da publicación no BOE. Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria serán obxecto de publicación na forma prevista nas súas bases reguladoras.

Ortigueira, 15 de maio de 2024

José Valentín Calvín Fondevila
Alcalde