DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 6 de xuño de 2024 Páx. 34551

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2024 pola que se autoriza unha permuta de puntos de fondeo entre os viveiros de cultivos mariños Meléndez V e Cores.

Antecedentes:

1. O día 5 de marzo de 2024, Daniel Martínez Ozores (***7345**) e Manuel Janeiro Novo (***3610**), este último en representación de Mejilloneras Manuel Janeiro e Hijos, S.L. (B36349652), solicitaron autorización para a permuta de puntos de fondeo entre as bateas denominadas Meléndez V e Cores.

2. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a tramitación neste tipo de procedementos.

3. No expediente constan os informes técnicos favorables.

Consideracións legais e técnicas:

1. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

2. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 18 de abril de 2001 pola que se regula o procedemento que rexerá a permuta de puntos de fondeadura e os cambios de sistema, localización e cultivo nos viveiros de cultivos mariños (DOG núm. 83, do 30 de abril).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a Daniel Martínez Ozores e Mejilloneras Manuel Janeiro e Hijos, S.L. a permuta de puntos de fondeo dos seguintes viveiros:

Subtipo: batea.

Nome: Meléndez V.

Especie: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización:

Cuadrícula nº 119.

Polígono: B.

Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Titular: Daniel Martínez Ozores (***7345**).

Subtipo: batea.

Nome: Cores.

Especie: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización:

Cuadrícula nº 27.

Polígono: B.

Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Titular: Mejilloneras Manuel Janeiro e Hijos, S.L. (B36349652).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Como consecuencia da permuta modifícanse as localizacións dos títulos habilitantes, que quedan como se indica:

Subtipo: batea.

Nome: Meléndez V.

Localización:

Cuadrícula nº 27.

Polígono: B.

Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Subtipo: batea.

Nome: Cores.

Localización:

Cuadrícula nº 119.

Polígono: B.

Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Segunda. As bateas afectadas deberán adaptarse ás condicións dos polígonos de destino e as súas placas identificativas modificaranse segundo o indicado nesta resolución.

Terceira. A permuta realizarase no prazo máximo de tres (3) meses contados desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución. Rematado o prazo indicado para a realización da permuta sen que esta se levase a cabo, a autorización quedará sen efecto.

Cuarta. As bateas contarán coa pertinente autorización dos organismos competentes na materia para o traslado á nova localización.

Quinta. As datas de fondeadura deberán ser comunicadas con antelación suficiente, mediante escrito dirixido á xefatura comarcal da Consellería do Mar en Vilagarcía de Arousa, para os efectos de que se realicen baixo a supervisión e o control de persoal técnico do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante o conselleiro do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Vigo, 13 de maio de 2024

O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
Sonia Lorenzo Santos
Directora territorial de Vigo