DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 5 de xuño de 2024 Páx. 34079

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2024 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes á realización do segundo exercicio do proceso selectivo para cubrir tres prazas da categoría profesional de técnico/a especialista de publicacións, grupo III, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución do 22 de febreiro de 2024 (DOG do 6 de marzo) convocáronse probas selectivas para cubrir tres prazas da categoría profesional de técnico/a especialista de publicacións, grupo III, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución do 5 de abril de 2024 (DOG do 18 de abril) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaran a exclusión ou omisión. Finalizado o prazo de presentación de emendas,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas para a realización do segundo exercicio da fase de oposición o día 10 de xullo de 2024, ás 10.00 horas, no Servizo de Publicacións e Intercambio Científico (Casa Gradín. Campus Vida).

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal nos locais onde se realizara a proba anterior, no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite a resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela