O fundamento competencial sobre o que descansa este decreto é o recollido no artigo 33.1 do Estatuto de autonomía de Galicia que, en aplicación da previsión contida no artigo 148.1.21 da Constitución española, atribúe á nosa comunidade autónoma competencia en materia de desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación básica do Estado en materia de sanidade interior.
Con respecto ao alcance das competencias de execución o artigo 37.3 do Estatuto de autonomía establece que as ditas competencias levan implícitas a correspondente potestade regulamentaria, a administración e a inspección.
En canto ao marco normativo, cómpre indicar que a Lei 16/2003, do 28 de maio, de cohesión e calidade do Sistema Nacional de Saúde (que ten carácter básico) refírese, no seu artigo 4, aos dereitos da cidadanía no conxunto do sistema incluíndo entre eles o dereito a recibir asistencia sanitaria na súa comunidade autónoma de residencia nun tempo máximo que, de acordo co establecido no artigo 25 da mesma norma, será definido por cada comunidade autónoma dentro do marco aprobado para o efecto mediante real decreto.
Así, o Real decreto 1039/2011, do 15 de xullo, polo que se establecen os criterios marco para garantir un tempo máximo de acceso ás prestacións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde, desenvolve a citada Lei 16/2003, do 28 de maio, establecendo como tempos máximos de acceso para a realización de determinadas intervencións os cento oitenta días naturais. Ademais, recolle os criterios para garantir os referidos tempos máximos (gravidade das patoloxías, eficacia da intervención e oportunidade desta) e indica que os servizos de saúde das comunidades autónomas concretarán no seu ámbito territorial as garantías previstas no real decreto, establecendo uns tempos máximos de acceso para a atención sanitaria programable. Para iso, utilizarán como referente os tempos máximos establecidos no anexo do real decreto e terán en conta se os procesos ou patoloxías aos cales van dirixidas as intervencións teñen un especial impacto na saúde ou na calidade de vida do usuario.
Neste contexto, o artigo 12 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, recolle os dereitos da cidadanía relacionados coa prestación sanitaria por parte do Sistema público de saúde de Galicia, entre os cales se inclúe o dereito a obter unha garantía de demoras máximas.
O capítulo II da Lei 12/2013, do 9 de decembro, de garantías de prestacións sanitarias, refírese aos «tempos máximos de acceso e sistema de garantías». Así, o seu artigo 5 establece que, para os procedementos e situacións clínicas que así se determinen no seu desenvolvemento regulamentario, os/as pacientes que requiran atención sanitaria hospitalaria de carácter programado e non urxente terán garantida esta atención nuns tempos máximos máis reducidos que os previstos na normativa vixente para a totalidade dos procesos.
En desenvolvemento desta ditáronse varios regulamentos, entre eles o Decreto 105/2017, do 28 de setembro, polo que se regula o sistema de garantía de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias públicas, que no seu artigo 4.1 establece que a selección dos procesos garantidos basearase nos criterios de gravidade das patoloxías, a efectividade da atención sanitaria e a oportunidade da atención sanitaria.
Asemade, o artigo 4.2 do Decreto 105/2017, do 28 de setembro, prevé que «a relación de patoloxías para as que se garanten os tempos máximos de espera nas diferentes modalidades asistenciais de cirurxía, así como as consultas e probas que se recollen nos anexos I, II e III, respectivamente, poderán modificarse mediante decreto, de conformidade co previsto na disposición derradeira primeira da Lei 12/2013, de 9 de decembro, seguindo os criterios de gravidade das patoloxías, efectividade e oportunidade previstos no artigo 5.3 de dita lei.».
En uso do mecanismo indicado, mediante o presente decreto amplíase a relación de diagnósticos garantidos para as intervencións cirúrxicas programadas e non urxentes (anexo I), a relación de primeiras consultas externas hospitalarias programadas e non urxentes garantidas (anexo II) e a relación de primeiras probas diagnósticas e/ou terapéuticas programadas e non urxentes garantidas (anexo III), do Decreto 105/2017, do 28 de setembro.
Así, no anexo I engádense na relación de diagnósticos garantidos para as intervencións cirúrxicas programadas e non urxentes de catro tipos de linfoma (Hodking, folicular, non folicular e de células T/NK maduras), así como outras patoloxías relacionadas coa saúde da muller (a neoplasia maligna de útero, a displasia do colo uterino e a displasia vulvar leve e moderada); no anexo II engádense as vías rápidas de cancro de endometrio e a onco-hematoloxía; e no anexo III garántense as primeiras probas diagnósticas e/ou terapéuticas programadas e non urxentes relacionadas coa vía rápida de cancro de endometrio (informe anatomopatolóxico da biopsia endometrial, a histeroscopia, o TAC e as probas de estadiaxe).
Na selección de novos procedementos tívose en conta a gravidade das patoloxías, a efectividade da atención sanitaria e a oportunidade da atención para favorecer a recuperación da funcionalidade ou evitar a progresión da enfermidade, en cumprimento das previsións contidas na Lei 12/2013, do 9 de decembro.
O texto axústase aos principios de boa regulación contidos no artigo 129 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 37.a) da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.
Así, os principios de necesidade, proporcionalidade e accesibilidade veñen xustificados pola propia aplicación dos criterios de inclusión previstos na Lei 12/2013, do 9 de decembro, por canto responden á gravidade das patoloxías, á efectividade da recuperación e a impedir a progresión da enfermidade.
Os principios de seguridade xurídica, transparencia, simplicidade e eficacia, quedan garantidos xa que a modificación realízase do xeito e mediante o mecanismo xurídico previsto na norma modificada, e atinxe unicamente á relación de patoloxías, sen afectar o contido da regulación substantiva preexistente.
O texto consta dun artigo único, dúas disposicións derradeiras (relativas á entrada en vigor e ao desenvolvemento para a execución), unha disposición derrogatoria e tres anexos, que substituirán os contidos no Decreto 105/2017, do 28 de setembro, que se modifica.
O presente decreto foi sometido á consideración do Consello Asesor de Pacientes de Galicia, e conta cos informes favorables da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa, da Dirección Xeral da Función Pública, informe de impacto demográfico, de impacto de xénero, informe da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos e da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.
Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Sanidade, de acordo co Consello Consultivo, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e sete de maio de dous mil vinte e catro,
DISPOÑO:
Artigo único. Modificación do Decreto 105/2017, do 28 de setembro, polo que se regula o sistema de garantía de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias públicas
O Decreto 105/2017, do 28 de setembro, polo que se regula o sistema de garantía de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias públicas, queda modificado como segue:
Un. O anexo I queda redactado como segue:
ANEXO I
Relación de diagnósticos garantidos para as intervencións cirúrxicas programadas e non urxentes
Procedementos cirúrxicos para os seguintes diagnósticos de pacientes que sexan incluídos no Rexistro de Pacientes en Espera de Galicia:
Neoplasias malignas primarias de localizacións específicas
Diagnósticos |
Códigos diagnósticos CIE-10-ES |
Linfoma de Hodking |
C81 |
Linfoma folicular |
C82 |
Linfoma non folicular |
C83 |
Linfoma de células T/NK maduras |
C84 |
Neoplasia maligna de beizo |
C00 |
Neoplasia maligna da lingua |
C01-C02 |
Neoplasia maligna de enxiva |
C03 |
Neoplasia maligna de solo da boca |
C04 |
Neoplasia maligna do padal |
C05 |
Neoplasia maligna de mucosa de fazula, vestíbulo boca, área retromolar |
C06 |
Neoplasia maligna de glándula parótida |
C07 |
Neoplasia maligna doutras glándulas salivares |
C08 |
Neoplasia maligna de amígdala |
C09 |
Neoplasia maligna de orofarinxe |
C10 |
Neoplasia maligna de nasofarinxe |
C11 |
Neoplasia maligna de seno piriforme |
C12 |
Neoplasia maligna de hipofarinxe |
C13 |
Neoplasia maligna de esófago |
C15 |
Neoplasia maligna de estómago |
C16 |
Neoplasia maligna de intestino delgado |
C17 |
Neoplasia maligna de colon |
C18 |
Neoplasia maligna de unión rectosigmoidea |
C19 |
Neoplasia maligna de recto |
C20 |
Neoplasia maligna de ano e canal anal |
C21 |
Neoplasia maligna de fígado e vías biliares intrahepáticas |
C22 |
Neoplasia maligna de vesícula biliar |
C23 |
Neoplasia maligna de vía biliar extrahepática, ampola de Vater |
C24 |
Neoplasia maligna de páncreas |
C25 |
Neoplasia maligna de cavidade nasal e de oído medio |
C30 |
Neoplasia maligna de senos accesorios |
C31 |
Neoplasia maligna de larinxe |
C32 |
Neoplasia maligna de tráquea |
C33 |
Neoplasia maligna de bronquio e pulmón |
C34 |
Neoplasia maligna de timo |
C37 |
Neoplasia maligna de corazón, mediastino e pleura |
C38 |
Neoplasia maligna de óso e de cartilaxe articular de extremidades |
C40 |
Neoplasia maligna de óso e de cartilaxe articular de cranio e faciana |
C41.0 |
Neoplasia maligna de mandíbula |
C41.1 |
Neoplasia maligna de columna vertebral |
C41.2 |
Neoplasia maligna de costelas, esterno e clavícula |
C41.3 |
Neoplasia maligna de ósos de pelve, sacro e cóccix |
C41.4 |
Melanoma maligno de pel |
C43 |
Carcinoma de células de Merkel |
C4A |
Mesotelioma |
C45 |
Sarcoma de Kaposi |
C46 |
Neoplasia maligna de nervios periféricos e sistema nervioso autónomo |
C47 |
Neoplasia maligna de retroperitoneo e peritoneo |
C48 |
Neoplasia maligna de tecido conxuntivo, músculo, graxa, sinovia, tendón, vasos sanguíneos e vasos linfáticos |
C49 |
Neoplasia maligna de mama |
C50 |
Neoplasia maligna de vulva |
C51 |
Neoplasia maligna de vaxina |
C52 |
Neoplasia maligna de colo de útero |
C53 |
Neoplasia maligna de corpo de útero |
C54 |
Neoplasia maligna de ovario |
C56 |
Neoplasia maligna de placenta |
C58 |
Neoplasia maligna de pene |
C60 |
Neoplasia maligna de próstata |
C61 |
Neoplasia maligna de testículo |
C62 |
Neoplasia maligna de epidídimo, cordón espermático, vesícula seminal |
C63 |
Neoplasia maligna de ril |
C64 |
Neoplasia maligna de pelve renal |
C65 |
Neoplasia maligna de uréter |
C66 |
Neoplasia maligna de vexiga |
C67 |
Neoplasia maligna de uretra, parauretral e lugares contiguos do aparello urinario |
C68 |
Neoplasia maligna de ollo e os seus anexos |
C69 |
Neoplasia maligna de meninxes |
C70 |
Neoplasia maligna de cerebro |
C71 |
Neoplasia maligna de médula espiñal, nervios craneais |
C72 |
Neoplasia maligna de glándula tiroide |
C73 |
Neoplasia maligna de glándula suprarrenal |
C74 |
Neoplasias malignas secundarias ou metastásicas de localizacións específicas
Diagnósticos |
Códigos diagnósticos CIE-10-ES |
Neoplasia maligna secundaria de ganglios linfáticos |
C77 |
Neoplasia maligna secundaria de órganos respiratorios e dixestivos |
C78 |
Neoplasia maligna secundaria de ril e pelve renal |
C79.0 |
Neoplasia maligna secundaria de vexiga, uréter, parauretral, uretral |
C79.1 |
Neoplasia maligna secundaria de pel |
C79.2 |
Neoplasia maligna secundaria de cerebro e meninxes cerebrais |
C79.3 |
Neoplasia maligna secundaria de nervios craneais, medula espinal, ollo |
C79.4 |
Neoplasia maligna secundaria de óso e medula ósea |
C79.5 |
Neoplasia maligna secundaria de ovario |
C79.6 |
Neoplasia maligna secundaria de glándula suprarrenal |
C79.7 |
Tumores neuroendocrinos
Diagnósticos |
Códigos diagnósticos CIE-10-ES |
Tumores malignos neuroendocrinos |
C7A |
Tumores neuroendocrinos secundarios |
C7B |
Carcinoma in situ
Diagnósticos |
Códigos diagnósticos CIE-10-ES |
Carcinoma in situ de cavidade oral, esófago e estómago |
D00 |
Carcinoma in situ de colon |
D01.0 |
Carcinoma in situ de unión rectosigma |
D01.1 |
Carcinoma in situ de recto |
D01.2 |
Carcinoma in situ de intestino |
D01.4 |
Carcinoma in situ de fígado, vesícula biliar e condutos biliares |
D01.5 |
Carcinoma in situ de páncreas |
D01.7 |
Carcinoma in situ de oído medio e aparello respiratorio |
D02 |
Melanoma in situ |
D03 |
Carcinoma in situ de mama |
D05 |
Carcinoma in situ de colo de útero |
D06 |
Carcinoma in situ de endometrio |
D07.0 |
Carcinoma in situ de vulva |
D07.1 |
Carcinoma in situ de vaxina |
D07.2 |
Carcinoma in situ de anexos uterinos |
D07.3 |
Carcinoma in situ de pene |
D07.4 |
Carcinoma in situ de vesícula seminal, epidídimo, conduto deferente, conduto espermático |
D07.6 |
Carcinoma in situ de vexiga |
D09.0 |
Carcinoma in situ de ril, pelve renal, uréter, uretra |
D09.1 |
Outros diagnósticos prioridade 1
Diagnósticos |
Códigos diagnósticos CIE-10-ES |
Enfermidades/trastornos da válvula aórtica: – Estenose aórtica severa: • Clase ≥ III de disnea (clasificación funcional NYHA*1) ou clase ≥ III de anxina (clasificación funcional CCS*2), non atribuíbles a outra causa – Insuficiencia aórtica severa: • Clase ≥ III da clasificación funcional NYHA*1ou disfunción ventricular esquerda (fracción de exección do ventrículo esquerdo < 50 %), non atribuíbles a outra causa |
I06.0; I06.1; I06.2; I35.0; I35.1; I35.2; Q23.0; Q23.1 |
Enfermidades/trastornos da válvula mitral: – Estenose mitral severa: • Clase ≥ III de disnea (clasificación funcional NYHA*1) non atribuíble a outra causa – Insuficiencia mitral severa: • Clase ≥ III da clasificación funcional NYHA*1e fracción de exección do ventrículo esquerdo > 30 % ou disfunción ventricular esquerda (fracción de exección do ventrículo esquerdo entre 30 e 50 %), non atribuíbles a outra causa |
I05.0; I05.1; I05.2; I34.0; I34.2; Q23.2; Q23.3 |
Aneurismas cerebrais |
I67.1; Q28.2; Q28.3 |
Obstrución arterial aorto-ilíaca: Lesións isquémicas en extremidades: estadios III e IV de Fontaine |
I74.0; I74.1; I74.5 |
Obstrución arterial fémoro-poplítea: Lesións isquémicas en extremidades: estadios III e IV de Fontaine |
I74.3; I75.02 |
Estenose carotídea extracranial |
I65.2 |
Desprendemento de retina |
H33.0; H33.2; H33.4; H33.8; H35.72; H35.73 |
Hidrocefalia (agás hidrocefalia crónica do adulto) |
G91.0; G91.1; G91.3; Q03; Q07.02; Q07.03 |
*1Escala NYHA (New York Heart Assotiation)
*2Criterios CCS (Canadian Cardiovascular Society)
Outras patoloxías relacionadas coa saúde da muller
Diagnósticos |
Códigos diagnósticos CIE-10-ES |
Neoplasia maligna de útero, outras partes |
C55 |
Displasia do colo uterino |
N87 |
Displasia vulvar leve e moderada |
N90 |
Dous. O anexo II queda redactado como segue:
ANEXO II
Relación de primeiras consultas externas hospitalarias programadas e non urxentes garantidas
Vías rápidas de:
– Cancro de pulmón.
– Cancro de mama.
– Cancro colorrectal.
– Cancro de próstata.
– Cancro de vexiga.
– Cancro de cabeza e pescozo.
– Melanoma.
– Cancro de endometrio.
– Onco-hematoloxía.
Tres. O anexo III queda redactado como segue:
ANEXO III
Relación de primeiras probas diagnósticas e/ou terapéuticas programadas e non urxentes garantidas
– Relacionadas coa vía rápida de cancro de pulmón:
TAC
Broncoscopia
Espirometría
PET/TAC
Biopsia (informe anatomopatolóxico)
Probas de estadiaxe
– Relacionadas coa vía rápida de cancro de mama:
Mamografía
Ecografía
Biopsia (informe anatomopatolóxico)
Probas de estadiaxe
– Relacionadas coa vía rápida de cancro colorrectal:
Colonoscopia
Biopsia
Probas de estadiaxe
– Relacionadas coa vía rápida de cancro de próstata:
ECO transrectal (TRUS)
Biopsia (informe anatomopatolóxico)
Probas de estadiaxe
– Relacionadas coa vía rápida de cancro de vexiga:
Cistoscopia
Ecografía
UroTAC
Probas de estadiaxe
– Relacionadas coa vía rápida de cancro de cabeza e pescozo:
Panendoscopia
Biopsia
Probas de estadiaxe
– Relacionadas coa vía rápida de melanoma:
Biopsia
TAC
Probas de estadiaxe
– Relacionadas coa vía rápida de cancro de endometrio:
Biopsia endometrial (informe anatomopatolóxico)
Histeroscopia
TAC
Probas de estadiaxe
Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa
Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto no presente decreto.
Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento para a súa execución
Facúltase a persoa titular da Consellería de Sanidade para adoptar cantos actos e medidas sexan necesarios para a aplicación deste decreto.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, vinte e sete de maio de dous mil vinte e catro
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade