DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 4 de xuño de 2024 Páx. 33890

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO de notificación en procedementos de execución subsidiaria de xestión da biomasa.

Mediante os decretos da Concellería de Medio Ambiente e Axenda 2030 do 2 de abril de 2024, acórdase ordenar a execución forzosa mediante a execución subsidiaria de limpeza de parcelas consistente na xestión da biomasa das parcelas referidas no cadro anexo.

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou o medio a que se refire o ordinal 1º deste artigo, ou ben intentada a notificación, non se puido efectuar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado; poñendo en coñecemento das persoas interesadas que o contido íntegro do mencionado decreto atópase á súa disposición no Departamento de Urbanismo do Concello de Tomiño, de conformidade co disposto no artigo 46 da mencionada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. Unha vez transcorrido o devandito prazo a notificación enténdese producida, as persoas interesadas poderán interpoñerse os seguintes recursos: a) Con carácter potestativo recurso de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes para contado desde o día seguinte ao da notificación. Se transcorre un mes desde o día seguinte ao da interposición do recurso de reposición sen que este fose resolto e notificado, poderá entender que foi desestimado e interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de seis meses. b) Recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo dentro do prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación.

Poderá interpoñer calquera outro que crea conveniente ao seu dereito.

Nº de expediente

Nome/DNI/CIF

Referencia catastral

874/2023

B36483485

36054A066005210000EQ

877/2023

B36483485

36054A066005170000EG

Tomiño, 22 de maio de 2024

A alcaldesa
P.D. (Decreto do 21.7.2023)
Ana Belén Casaleiro González
Concelleira de Medio Ambiente e Axenda 2030