DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 4 de xuño de 2024 Páx. 33889

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO da aprobación inicial e do período de información pública da modificación puntual número 1 (MP1) do Plan xeral de ordenación municipal no ámbito do equipamento deportivo EQ DEP 21.

Na sesión plenaria extraordinaria do 13 de maio de 2024 aprobouse inicialmente a modificación puntual nº 1 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Ponteareas, de conformidade coa documentación elaborada por Marquinacalvo Territorios e Estratexias, S.C.P. e achegada o 16.4.2024:

– Documento en formato non editable (36042_MP01PXOM_202404_AI_01PDF.zip).

– Documento en formato editable (36042_MP01PXOM_202404_AI_02EDIT.zip).

– Declaración responsable do equipo redactor do documento segundo o modelo do anexo 9.

– Arquivos coas pegadas dixitais.

De conformidade co disposto no artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no seu regulamento de desenvolvemento, acordouse someter a modificación puntual á información pública durante un prazo de dous meses mediante o anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia de Pontevedra. No período de información pública, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán formularse alegacións.

O expediente poderá consultarse no Servizo de Urbanismo do concello, das 8.30 ás 13.30 horas, de luns a venres (salvo festivos), e tamén electronicamente a través do portal de transparencia do Concello de Ponteareas, no seguinte enlace: https://ponteareas.sedelectronica.gal/transparency, premendo na pestana 7. Urbanismo, obras públicas e ambiente.

Ponteareas, 21 de maio de 2024

María Nava Castro Domínguez
Alcaldesa