DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 4 de xuño de 2024 Páx. 33784

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), imponlle a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración nos meses de xaneiro a abril de 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2024

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería
de Emprego, Comercio e Emigración

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2024

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación Galega de Xoves Empresarios para a realización de actividades de fomento do emprendemento e traspaso de negocios, integradas no programa anual de actividades do Centro de Orientación, Emprendemento, Acompañamento e Innovación para o Emprego da Comunidade Autónoma Galicia

8.2.2024

180.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a Universidade de Santiago de Compostela e a Confederación de Empresarios de Galicia para o desenvolvemento do Global Entrepreneurship Monitor (proxecto GEM) en España a nivel rexional para o ano 2024

6.2.2024

40.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade e Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo para realizar actuacións de difusión, promoción e apoio ao emprendemento nas comunidades universitarias, integradas no programa anual de actividades do Centro de Orientación, Emprendemento, Acompañamento e Innovación para o Emprego da Comunidade Autónoma Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU

4.4.2024

410.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación de Escolas Familiares Agrarias de Galicia para o financiamento do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego da Costa da Morte

23.1.2024

120.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Fundación Juana de Vega para o financiamento do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego Rías Altas e Arco Ártabro

23.1.2024

120.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Fundación Juana de Vega,para o financiamento do Polo Coordinador da Rede de emprendemento e apoio ao emprego

1.2.2024

250.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Fundación CEL Iniciativas por Lugo para o financiamento do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Lugo Central e do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego da Montaña Lucense

1.2.2024

240.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Fundación Roberto Rivas para o financiamento do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Miño Central

29.1.2024

120.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Fundación Roberto Rivas para o financiamento do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Pontevedra Norte-Rías Baixas

29.1.2024

120.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Fundación Venancio Salcines para o financiamento dos polos de emprendemento e apoio ao emprego da Mariña e Terras de Santiago

1.2.2024

240.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Fundación Ronsel para o financiamento dos polos de emprendemento e apoio ao emprego de Pontevedra Leste e Sur e Valdeorras

1.2.2024

240.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e os colexios oficiais de graduados sociais da Coruña e Ourense, Pontevedra e Lugo para a prestación do servizo de orientación xurídico-laboral, tramitado como anticipado de gasto

20.2.2024

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e as tres universidades galegas para o desenvolvemento do máster interuniversitario en Xestión e Dirección Laboral, tramitado como anticipado de gasto

1.3.2024

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Clúster Audiovisual Galego para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia

17.1.2024

49.410 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Asociación Clúster Alimentario de Galicia para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia

17.1.2024

113.504 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Asociación Clúster do Naval Galego para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia

23.1.2024

121.460 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia

23.1.2024

435.906 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Clúster de Empresas de Automoción e Mobilidade de Galicia para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia

23.1.2024

259.119 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Asociación de Centros de Ensino de Perrucaría e Estética de Galicia para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia

23.1.2024

149.912 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Asociación Clúster TIC Galicia para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia

23.1.2024

1.000.009 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Fundación Laboral da Construción de Galicia para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia

23.1.2024

572.307 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Clúster das Enerxías Renovables para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia

24.1.2024

636.840 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación Galega de Comercio para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia

24.1.2024

529.440 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Asociación Clúster da Función Loxística de Galicia para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia

24.1.2024

439.755 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Asociación Gallega del Hidrógeno para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia

1.2.2024

79.925 €

Acordo de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o financiamento, sustentabilidade e soporte da plataforma do Campus Virtual de Emprego

12.2.2024

386.159,40 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, o Concello das Pontes de García Rodríguez, Endesa Generación, S.A. e Endesa, S.A. para o desenvolvemento de accións de formación para o emprego

3.4.2024

Sen contía económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación e a entidade colaboradora Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a entrega e distribución dos fondos das axudas do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio

20.3.2024

60.000,00 €