De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a seguir se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador por infracción na orde social, devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación electrónica, esta non se puido efectuar.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpor un recurso de alzada, ante a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nos artigos 30 e 122 da Lei 39/2015, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.
Os interesados, durante este prazo, poderán presentarse ante o Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social da Dirección Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo, situado na rolda da Muralla 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución e recoller o documento de pagamento.
Advírteselle de que, de non ser interposto o recurso no tempo e na forma, a resolución adquirirá firmeza e deberá aboar a multa imposta a través das entidades colaboradoras que constan no documento de pagamento, xa que, en caso contrario, procederase á execución pola vía de prema, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001.
Expediente: 2024/25 (acta: I272023000037837).
Data da resolución: 3 de maio de 2024.
Empresa: G&F&S Segurity Group, S.L.
Enderezo: avenida da Mediterránea 3 baixo, Valencia.
Lugo, 22 de maio de 2024
Pilar Fernández López
Directora territorial de Lugo