DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 4 de xuño de 2024 Páx. 33831

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 21 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se notifica a unha interesada a reiteración de requirimento de actuacións en materia de seguridade con apercibimento previo a multas coercitivas, na autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Acibeiro número 148, no concello de Sandiás.

Nesta dirección territorial reiteróuselle o requirimento de actuacións en materia de seguridade con apercibimento previo a multas coercitivas, na autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Acibeiro número 148, á Corporación Arenera da Limia, S.L., co NIF B32283210, como titular do citado dereito mineiro.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase a Corporación Arenera da Limia, S.L. para ser notificada por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

A interesada, a través dos seus representantes, deberá comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 21 de maio de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense