DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 4 de xuño de 2024 Páx. 33832

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 21 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se notifica á persoa interesada a Resolución do 16 de maio de 2024 relativa ás instalacións eléctricas no concello de Toén (expediente IN407A 2024/024-3).

Mediante a Resolución do 16 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e declaráronse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, as instalacións eléctricas no concello de Toén (expediente IN407A 2024/024-3).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase a titular do predio que no anexo se relaciona para ser notificada por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

A persoa interesada, ou os seus representantes, deberá comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 21 de maio de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2024/024-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA CAS806 no treito entre os apoios núm. D156-14 e núm. D156-16 (Toén).

Concello: Toén.

Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32082A093003460000LB.

Lugar: Queimadas.

Cultivo: matogueira.

Titular: María Cruz.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. D156-15.