DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 4 de xuño de 2024 Páx. 33836

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 22 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se comunica o traslado aos titulares das follas de valoración formuladas pola entidade beneficiaria nun expediente de expropiación forzosa no concello de Baños de Molgas (expediente IN407A 2022/37-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada instalación de interruptor TC no apoio 54 da LMTA SRS803, situada no concello de Baños de Molgas, correspondentes ao predio e titularidade que se sinalan no cadro anexo. Así mesmo, indícase a data da acta de autorización á empresa beneficiaria para poder ocupar o predio afectado.

O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase ao dispor das persoas titulares na sede da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria, situada na rúa Curros Enríquez, núm. 1, 4º andar, 32003 Ourense, tras pediren cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As personas titulares disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitaren a remisión das correspondentes follas de valoración ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para comparecer.

Ourense, 22 de maio de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/37-3.

Denominación: instalación de interruptor TC no apoio 54 da LMTA SRS803.

Concello: Baños de Molgas.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Data da acta de autorización de ocupación: 14 de xuño de 2023.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

1

Auga Ferra

32008A034006090000EB

Herdeiros de Verísimo Bedeiredo Puente

Enderezo descoñecido